9 de xul. de 2024

Que c*** fai un enxeñeiro?

Cando escoitamos dicir "onte coñecín a un tipo simpático; é fotógrafo", non respondemos "Ah, e que traballo fai?" (a menos que queiramos parecer parvos). Un fotógrafo fai fotos. Do mesmo xeito que un mestre ensina e una bailarina danza. Un médico pode ter varias especializacións, pero sempre se adicará, dun ou doutro xeito, a coidar ás persoas. E un enxeñeiro? Que c*** fai un enxeñeiro? Tantos, tan diferentes e tan especializados son os seus posibles traballos que responder á pregunta "a que te dedicas?" con "enxeñeiro" é como describir a Rosalía de Castro dicindo que "era un ser humano".

 - A que te dedicas? 
- Son enxeñeiro, fago estruturas. 
- Xa entendo, estruturas. Entón, pontes, encoros, túneles... 
- Non exactamente. 
- Aeroportos? Edificios? 
- Edificios industriais, cando vai ben. 
- Pero iso existe? 

Ás veces dá a impresión, falando con persoas que non traballan no mesmo, que a súa idea da figura do enxeñeiro civil está un pouco desviada respecto á realidade cotiá de hoxe. No imaxinario común, os enxeñeiros de estructuras facemos, sobre todo, cálculos, moitos cálculos feitos nunha escura oficina nunha grande torre gris, así durante 40 horas todas as semanas. Os enxeñeiros de estruturas calculan, pero tamén crean debuxos e especificacións, asisten a reunións co cliente ou a propiedade (non poucas veces en varias linguas), falan cos fornecedores e negocian as mellores ofertas técnicas, resolven as dúbidas durante a construcción, revisan o traballo doutros enxeñeiros ou deseñadores, escriben informes e avaliacións, ou forman a xente nova que entra na profesión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario