20 de mar. de 2007

Olde Fortran

Descubro con sorpresa que John Backus, un dos criadores do Fortran (FORmula TRANslator), unha das mais antigas linguaxes de programación, morreu na semana pasada.

Os guionistas de Futurama, moitos deles matemáticos e informáticos, fixéronlle varias homenaxes implícitas ao vello Fortran. No primeiro episodio desta serie, o robot Bender bebe o licor de malta Olde Fortran. Mesmo olde é unha palabra desaparecida para old.

Nota: mais imaxes curiosas desta serie en http://usuarios.lycos.es/bbrp/matematicas/informatica.html

15 comentarios:

  1. O prestixio da serie é doado de contrastar, de feito é o segundo post que comento hoxe sobre a serie, e iso xa di moito, :)

    ResponderEliminar
  2. Ó pouco de empezar a carreira merquei un libriño da Editorial Mir (Moscú, CCCP), máis vello que Matusalén titulado "Programación para todos". Explicaba unhas nocións básicas sobre computadoras, os conceptos da programación... e Fortran. Eu lino por deporte, contando que o único util serían os conceptos de programación. Menuda sorpresa cando me tocou facer as prácticas de matemáticas ¡programando en Fortran 77! (a partir do ano seguinte pasaronse a matlab). He he, gracias a aqueles rusos, cheguei a lucirme cos meus programiñas.
    Fortran é/era rudimentario, pero para un que non controla moito, coma min, non estaba mal para empezar.

    ResponderEliminar
  3. Ó pouco de empezar a carreira merquei un libriño da Editorial Mir (Moscú, CCCP), máis vello que Matusalén titulado "Programación para todos". Explicaba unhas nocións básicas sobre computadoras, os conceptos da programación... e Fortran. Eu lino por deporte, contando que o único util serían os conceptos de programación. Menuda sorpresa cando me tocou facer as prácticas de matemáticas ¡programando en Fortran 77! (a partir do ano seguinte pasaronse a matlab). He he, gracias a aqueles rusos, cheguei a lucirme cos meus programiñas.
    Fortran é/era rudimentario, pero para un que non controla moito, coma min, non estaba mal para empezar.

    ResponderEliminar
  4. Persoalmente, onde esté o Fortran que se quite Matlab.

    E persoalmente, un libro de matemáticas da vella editorial MIR de Moscova dálle sopas aos dos americanos de McGrawHill.

    ResponderEliminar
  5. Coidado cos rusos, que no meu (enxeñería mecánica) teñen libros que lle dan bastante para o pelo ós libros de McGrawHill, ademáis de estar en unidades do sitema internacional.
    E de matemáticas, non en Camiños ou en Informática, pero aquí, en Industriais, vaste cansar de ver peña co "Manual de matemáticas para ingenieros." de I. Bronshtein e K. Semendiaev, incluídos profesores.

    ResponderEliminar
  6. ai oh! non che entendo nadiña.
    e non estaredes a falar algún idioma raro?
    pero eso si, "Futurama" encántame e os Simpsons tamén.
    un saudiño.

    ResponderEliminar
  7. Si señor, esa pedazo de linguaxe estructural :D. Nos meus tempos utilizabamo-lo FORTRAN para facer as prácticas da asignatura de Computación númerica (non sei se cambiarian). Tamén tiven uns cantos compañeiros de camiños que facian as prácticas en Fortran (supoño que ti tamén).

    Respeito a Futurama, unha das mellores series de animación, moi por riba dos Simpsons ou Family Guy.

    Descanse en paz, John Backus.

    ResponderEliminar
  8. Futurama é unha serie chea de cousas distas, o máis famoso é cando Bender canta o himno do PP...

    Saúdos

    ResponderEliminar
  9. bufffffffff, estoume perdendo aquí, jajaja.
    os humildes mortais non pillamos todos eses guiños, pero a serie gústanos igual :)

    o que non vin aínda é o do himno do pp... era unha broma, ouh?

    ResponderEliminar
  10. Pues aqui uno que se ha pasado de Fortran a Matlab... (el niño siempre llevando la contraria).

    ResponderEliminar
  11. (Y, en cierto sentido, tambien me he pasado de los rusos a los americanos, que ya manda narices.)

    ResponderEliminar
  12. En Ghost in the shell tamén hai varios guiños. Un moi curioso é que o poli cando está a beber unha birra ergue unha lata de San Miguel.

    Silvio, quero crer que o do himno do PP de Bender será cousa de Antena3 ou de Pedro J., non de Matt Groening e os guionistas.

    DGR, moi mal, haha, os rusos sempre serán os rusos. Antes prefería Matlab a Fortran; cando fixen a tesina de mestrado fixen o software para Matlab e despois dinme conta, discutindo cuns colegas informáticos freakies, de que o programa ía lento porque Matlab non está pensado para repetir o mesmo algoritmo varios miles de millóns de veces, aínda que uses esa especie de compilador que trae Matlab. Un horror de experiencia e lección aprendida: Matlab é moi mono pero non é axeitado para facer longas iteracións.

    ResponderEliminar
  13. coido que son poucos os homes e mulleres de ciencia (de calquera e de todas) que se decataron do doado que pode ser espallar coñecemento masivamente. Cando menos eu disfruto moito deses espacio, ainda que non sempre acade o máximo nivel de lectura posible.

    ResponderEliminar
  14. Obrigada pola ligazón que deixas, aínda que por regla me perdo a metade dos guiños frikis, agora poderei disimular mellor ;)
    Futurama é das poucas cousas polas que me pesa non ver a tele...

    ResponderEliminar