8 de mar. de 2007

Casares, home tranquilo

Teño entendido que o finado Carlos Casares, polo seu carácter temperado, non costuma ser intelectual de preferencia de moitos novos galeguistas.

Non vou negar que só teño lido un libro del e, a verdade sexa dita, foi case por obriga. Sen embargo, como ben comenta o profesor Marcos Valcárcel no convite que fixo ao blogomillo, Casares é un autor posto ao día, que malia a sona de ser un chisco conservador, ten defendido arreo a fusión entre tecnoloxía e cultura. Valla como exemplo a a aposta por difundir libros electrónicos e contos e poemas en mp3 desde o Consello da Cultura Galega.

Unha mostra ideolóxica é a súa novela Ilustrísima. Alí narrounos os efectos da chegada dun cinematógrafo ambulante italiano a unha urbe galega de comezos do XX. As sucesivas proxeccións do prodixioso invento trouxeron novas realidades e conmocionaron aquela cidade aparentemente durmida e estañada polo dogmatismo e a intolerancia.

Do mesmo xeito, hoxe a maridaxe entre a cultura libre e as novas tecnoloxías poden contribuir a derrubar moitos valados mentais.

15 comentarios:

  1. como me gusta esa última frase, oxalá sexa certo e se poidan tirar moitos balados... a sociedade precísao con urxencia

    ResponderEliminar
  2. Un dos grandes problemas é que os "vellos" poderosos non están tan ben preparados como os "novos" inexpertos, e por conseguinte non lles deixan meter baza por que para o que non sabe moitas veces non é fácil admitir a súa ignorancis. Cando os "novos" poden meter baza, xa son "vellos" e xa hai outros "máis novos"...

    Nas Tics, no campo,...

    Por certo, Ilustrísima é un grande libro e Casares un grande escritor.

    ResponderEliminar
  3. Concordo con Randeeira, fermosa idea a que achegas na frase final, e ogallá sigan caendo balados, o certo é que esa maridaxe promete.

    ResponderEliminar
  4. Xa corrixín os balados por valados, con v. A frase escoiteilla moitas veces a Carlos Blanco mas supoño que popular.

    ResponderEliminar
  5. Algún día deberíamos reler tódolos libros que antes lemos por obriga, polo menos os galegos. Abofé que disfrutaríamos moito mais que entonces da lectura.

    ResponderEliminar
  6. Yo no he leído ningún libro de Casares, pero recuerdo que sus artículos en La Coz de Galicia solían ser insulsos e intrascendentes. Aunque yo no tengo otro elemento de juicio, me da la impresión de que Casares ha entrado en la nómina de "personas que eran excelentes en vida, ahora que están muertas".

    ResponderEliminar
  7. (Con permiso de Mendinho). Creo que estás totalmente errado, DGR, ou que tes un concepto un pouco pobre do que é a "trascendencia".

    ResponderEliminar
  8. Posiblemente tenga un concepto de trascendencia diferente que el tuyo, Marcos. Afirmar que es "errado" o "pobre" me parece excesivo. Simplemente digo que a mí los artículos de Casares me dejaban bastante indiferente.

    ResponderEliminar
  9. Eu nunca me interesei polo columnismo xornalístico en xeral e no tocante ás novelas nunca me caíu unha nas mans porque me temo que non sexa o meu tipo de literatura. Non podo valoralo e nin me cae antipático nin simpático.

    ResponderEliminar
  10. DGR, supoño que a presidencia do Consello da Cultura Galega fai que se tempere calquera personalidade. A responsabilidade do cargo fai que non se poda ser tan directo coma antes sen medir ben cada palabra.

    Ate Ramón Villares, outro ex-Barrié que antes discutía na TVG con Blanco Valdés (esa brillante pluma da Voz) nas noites electorais chamando ás cousas polo seu nome, agora semella mais suave.

    ResponderEliminar
  11. Villares Mr Mendinho sempre foi un home intelixente e bo mais certamente as veces algo suave (coido que non e cuestión de cargos ainda que certamente as veces iso acontece).En canto a Casares eu non o coñecin persoalmente mais o seu legado literario (tamén xornalístico) e innegociable.Agora ben,en canto a súa persoa teño versións de todo tipo que evidentemnte non resulta o importante neste tipo de casos.
    A coidarse e non abuse do LK

    ResponderEliminar
  12. Este home era o continuador de Piñeiro, o herdeiro dunha saga que practicamente morre con el pola súa incompetencia. Non escribía mal e era simpático pero a súa teima en facer do galego unha lingua transparente aos castelán-falantes é algo que me repugna e o seu gato Clio (dígoo polas horas que teño dedicado a ler artigos sobre el) non me chistaba nada. Era un home de contrastes e anécdotas. A súa columna debería ser considerada como un blog pq se axusta máis na temática e na maneira do tratamento que a un artigo de opinión.

    ResponderEliminar
  13. En contra do que opina DGR as colaboracións de Carlos Casares na Voz de Galicia (A marxe se chamaba a sua columna)eran auténticas xoias literarias e unha forma de demostrar como en poucas liñas se podía abranguer un universo.
    É a miña opinión.

    ResponderEliminar
  14. Quizais o feito de ser elixido nas listas do PSdeG en calidade de "galeguista independente" -coma Piñeiro- levantou falabaratismos no seu día que aínda supuran.

    ResponderEliminar