Chorro: (m.) Ladrón, sisador; que arrebata a la carrera algún bien a alguien. (Diccionario de jerga hispana).
A Argentina recorda neste sábado o trágico golpe de estado que abriu caminho para sete anos de sanguenta ditadura militar com 30 mil pessoas mortas ou desaparecidas. O alto índice de desemprego na Argentina (15%) e as incertezas sobre o destino da economia são motivos mais urgentes, para muitos argentinos, do que a apuração dos crimes do regime.
No plano económico, a falta de rigor nas finanças públicas e a hiperinflação por causa de uma estúpida guerra das Malvinas iniciavam uma crise que a maioria dos argentinos julgaram daquela de carácter episódico. A convertibilidade dólar-peso e as privatizações selvagens das melhores empresas (a YPF, as tele-comunicações, os comboios, a eletricidade, a água, as rodovias, a TV, as Aerolinhas Argentinas, etc...) por Carlos Menem no marco do FMI e o Washington consensus terminaram de fazer o resto: hoje já não existe uma verdadeira indústria autóctone. O que algumas empresas estrangeiras, nomeadamente espanholas, fizeram lá, mesmo com a aprovação das classes altas argentinas, não passa de ser um roubo, é agir no mercado de má fé.
Isso sim, felizmente a dignidade do povo argentino não se tem devaluado. A fotografia é dos protestos contra o corralito no jornal Clarín.
Relacionado co tema, tamén recomendo ler o post da bitácora en BarraPunto do arxentino
ResponderEliminarJorge Sur.
É certo que para moitas persoas, a súa análise da valía dunha política ou outra depende máis do bolsillo que da cabeza ou do corazón: iso sabeno ben os dictadores cando exhiben os seus supostos logros económicos e ocultan (ou xustifican) as consecuencias da represión. O único positivo da traxedia arxentina (e doutros países do Cono Sur) foi o exilio de moitas das súas mellores mentes -artistas, escritores, cineastas- que viñeron cara España e cara Europa a enriquecer as letras e a cinematografía españolas, p.ex. Como varias décadas antes foran os españois (galegos incluídos) cara Arxentina fuxindo das poutas franquistas.
ResponderEliminarBendito consenso de Washington e os cabezotas do FMI coas súas políticas de copi-pega e "apretarlle o cinturón" aos que xa están nos ósos. Qué sería do mundo sen eles? As cleptocracias actuais habían chorar moito, eu nadiña.
ResponderEliminarArrepía a crónica da vida cotiá en determinadas zonas de Arxentida que contan algúnhas persoas coas que teño coincidido como compañeiros de traballo.
ResponderEliminarE a pesar de todo é un país incrible cun encanto especial...
ResponderEliminarAlgo especial ten a pesar das derrotas autoimpostas Mendinho
ResponderEliminarPd...desmentido do aqui hai tomate (simplesmente coincidiuse no troco horario)
Tomo as palabras de Arale Norimaki: "Bendito consenso de Washington e os cabezotas do FMI. Qué sería do mundo sen eles?". Resposta: América Latina vive un momento no que o panorama mundial é favorable e as moitas e variadas esquerdas (máis ou menos esquerdas, máis ou menos novas ou vellas) que gobernan fixeron que boa parte das receitas dos organismos internacionais deixaran de dominar as economias. Segundo a Cepal (e ben sabedes que non é de esquerdas precisamente) a pobreza baixou nos ultimos anos en toda a rexion, igual o paro. Na Arxentina, concretamente, todos eses indicadores baixaron e a industria nacional medra cada ano. Moito axuda a soja, o momento que viven os mercados internacionais e outros factores. Pero se cadra, unha achega á resposta que deixou Arale Norimaki pode adiviñarse...
ResponderEliminarTalvez eu non metería no mesmo saco a Kirchner ou Lula e a Chávez, Correa ou mesmo a Evo.
ResponderEliminarpor iso anotei: "(máis ou menos esquerdas, máis ou menos novas ou vellas)". Non son o mesmo pero as sintonías (ainda que foran poucas ou ocasionais) non son menos fortes que as que había na década dos 90 na rexion.
ResponderEliminar