Eládio Dieste foi um engenheiro civil uruguaio que fez uma muito importante contribuição à inovação tecnológica nos 50. Desenvolveu um sistema revolucionário de cobertas de cerâmica baseado em pequenos tijolos com ferro armado. Os resultados são umas obras espectaculares na América do Sul.
A cerâmica tem sido utilizada pela humanidade como material para construção desde os tempos mais remotos. As grandes vantagens são a flexibilidade da geometria, o baixo custo do material e que não é preciso uma grande formação dos trabalhadores. A desvantagem é a necessidade de usar uma elevada quantidade de mão de obra, mas isto não é um grande handicap na América do Sul.
É conhecido que Eládio visitaba anualmente a casa familiar em Rianxo e que tinha um trato de privilêgio com o tio dele, Rafael Dieste, o nosso escritor exilado em Buenos Aires.
Imagens do livro "Eladio Dieste: Innovation in structural art"
Que pequeno é o mundo!
ResponderEliminarÉ que na familia dos Dieste houbo moitos membros que acdaron sona en varias profesións.
ResponderEliminarCurioso é cando menos que o Dieste mais admirado no mundo anglosaxón sexa precisamente o máis descoñecido no mundo latino.
Sería bo que se recuperasen para a nosa Historia as vidas esquecidas de tanta xente que contribuíu a espallar o nome do noso país polo mundo.
ResponderEliminarSupoño que coma o caso destoutro Dieste haberá moitos máis.
Amigo Mendinho: polo vieiros entérome de que abriu a caixa. Xa lle tiñamos ganas.
ResponderEliminarUn saúdo.
O domingo pasado escribía eu da morte de Eduardo Dieste, irmán de Rafael, tamén nacido en Uruguay e falecido en 1954 (na miña sección "Cen anos de Historia cultural": outro personaxe do que se fala moi pouco, que patrocinou a revista PAN e deu moitas voltas como diplomático polo mundo). Unha familia notable, abofé.
ResponderEliminarCanto aprendemos con vostede!
ResponderEliminarCómo foron os exames?
De momento aínda non teño as notas e aínda teño que entregar un traballo práctico mas as sensacións non foron de todo boas nos exames. Estudar vóltase moi complicado cando se traballa. O lado bon é que cando non che sae ben un exame un tamén se volta máis humilde.
ResponderEliminarTalvez fose mellor ter preparado unha materia menos e arriscar menos. Farei o que poida para que no segundo cuatrimestre para que as cousas vaian mellor mas se teño moitas puntas de traballo (o que é previsíbel co das eleccións) vai ser complicado adicarlle todo o tempo necesario á UNED. En fin, resignación.
Mendinho, vese que che sentou moi ben o stand by xa que os ultimos post son un mais interesante co outro e medrando! Fascinante esta historia, cando menos para quen coma eu non sabía deste Dieste.
ResponderEliminarUnha familia notable, a familia Dieste. Parece ser que eran todos mestres na sua materia.
ResponderEliminarGracinhas por espallar a informacion polo mundo adiante e gracinhas tamen pola visita.
Coma eu son moi escéptico neses temas de xenómas, pensarei que estas famílias talentosas débense ao azar.
ResponderEliminarOstia! Xa volveu o Mendinho! Pensaba que aínda estabas de Stand By! Bon, a calidade do blog manténse, alédome :D.
ResponderEliminarUnha aperta!
En Canelones, Uruguay ten unha gran parte da sua obra. A galeguidade metida nas pedras e obras latinoamericanas. Moi boa labor de falar del.
ResponderEliminar