
O MIT, con Forrester e Meadows, foi pioneiro en usar a dinámica de sistemas, unha linguaxe sinxela mas potente, para analisar problemas do ambiente. Despois apareceron excelentes libros a modo de réplica sobre o tema p.ex. The Limits to Growth e The Global Citizen.
Xa nos oitenta, con Reagan e Thatcher no cumio do poder, os temas ambientais foron eclipsados polo medo ao comunismo. Contaba Meadows que a primeira vez que tivo unha oportunidade de comunicar á opinión pública algúns dos preocupantes resultados das súas investigacións foi nas páxinas da revista Playboy.
Neste caso o apoio mais ou menos sincero de Gore, Blair e moitos persoeiros famosos pode evitar que as conclusións do economista Stern e o seu grupo teñan o mesmo destino daquela vella simulación da evolución da Terra.
El link al "relatorio Stern" no funciona. Bienvenido de vuelta, Mendinho.
ResponderEliminarBenvido de novo ó mundo blogueiro.
ResponderEliminarOla dgr. Ola colga da Randeeira.
ResponderEliminarXa está amañado o link e liga ao resume en castelán. O informe completo en inglés está nesta outra páxina do Governo británico
Alegrome de que xa esteas de volta, botábaseche de menos. Espero que che fose moi ben nos exames. Moito ánimo e paciencia co curro :)
ResponderEliminarunha aperta!!
Benvido de volta.
ResponderEliminarBenvido!! Que tal foron os exames??
ResponderEliminarUlas as fotografías das papeletas das notas?
ResponderEliminarUmmm
A ver se vai ser que todos nós estabamos pensando que estudaba a máis non poder e o señor andaba de troula por aí.
PD: REBENVIDO :)
Ben, a verdade é que esperaba que saísen algo mellor. As notan non as terei ate dentro de mes e medio, mas vistas as sensacións que tiven, talvez sexa mais intelixente pensar en mudar a miña estratexia para o segundo cuatrimestre.
ResponderEliminarUis, iso non soa nada ben.
ResponderEliminarXa sabes que como catees vaste de cabeza pro Ghran Sol.
ResponderEliminarBenvido, e sorte coas notas.
ResponderEliminarParece que este último chamamento (Gore, medios de comunicación...) alertando do perigo do quencemento global si está callando, ¿non? Eu vexo que xente do me entorno cunha preocupación ambiental moi baixa si está preocupada. Quizais é só un wishful thinking pola miña parte, pero é posíbel que algo mudara