19 de feb. de 2007

Freshbanking e outras melodías

Dado que nos vindeiros anos todos os produtos financeiros estarán suxeitos aos mesmo impostos, o 18%, as contas de depósito-aforro están de moda e empezan a invadir os espazos publicitarios. Unha das mais populares vén sendo a conta laranxa do ING Direct; esa que nos viña anunciando antes Matías Prats como o "non vai mais" co seu 3% de interese.

A publicidade inflúe tanto que ate un técnico que veu amañar uns PCs na oficina tiña o politono do freshbanking. E mesmo o outro día topeime cunha pícara que camiñaba distraída asubiando o Adelante, ese grande hit do BBVA para OT. Calquera que teña sido cliente do BBVA saberá da maravillosa experiencia que é solicitar unha tarxeta de crédito nese banco que promete "facer os teus soños realidade".

Ben, pois na semana pasada constatei que existe polo menos un freshbanking galego: unha entidade daquí que dá un 3.50%, sen comisións e tamén case sen publicidade. Seguro que hai mais mas isto amostra que os bancos e caixas mellor farían aforrando en musiquiñas e adicándose aos clientes, que a fin de contas somos os que lles confiamos os cartos.

9 comentarios:

  1. ¿un 3,50?
    ¿en que producto financeiro?
    ¿para que cantidade?
    A xente debería saber que moitas entidades non poñen as súas mellores ofertas na publicidade.
    E ING até agora foi un parasito do sistema bancario en España. Non tiña gasto de infraestructura ningún e aproveitaba que a xente empregaba a do resto de bancos, por iso non cobraba comisións, é a mesma estratexia que o Lidl pero con mais deseño.
    ¿Poderá soportar o Fresh Banking ser un banco global?
    Cando a xente empece a ver que en ING non lle aproban os préstamos igual se amola. E se llos conceden, a ver como soporta a conta de resultados de ING a carga da morosidade.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, no que non aforra cartos ING é en publicidade. Lider en gasto publicitario do sector bancario en España.

    ResponderEliminar
  3. ING non está a pasar polos seus mellores momentos en este país, de ahí o seu excesivo gasto en publicidade...

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. Eu coma Ghanito, cando? onde? por canto? etc.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  8. Ah, investiguen, investiguen. Non serei eu quen faga publicidade dunha entidade nun post no que critico precisamente a publicidade financeira.

    ResponderEliminar
  9. Será que ING paga eses intereses cos cartos que gaña coas descargas da sua melodía pra móviles?

    ResponderEliminar