27 de feb. de 2007

Barreras, ao Sudeste Asiático

De ser certa a nova que amostraba ás 11:00 La Voz de Galicia na súa portada dixital, Barreras xa tería comezado a compra de parcelas no Sudeste asiático levando os 20 millóns de euros iniciais en investimentos para aquelas terras.

Os enxeñeiros navais galegos através do Colexio viñan de manifestar que Navantia Fene, na imaxe, non podía continuar mais tempo infrautilizada e defendían así, coa dialéctica propia dos técnicos, o Plan Barreras.

Todos sabemos que o principal mas non único culpábel do fracaso foi a SEPI. A SEPI é esa magnífica xestora de empresas tan rendíbeis e exemplares como RTVE. Alén diso é coñecida polas súas precarias bolsas de emprego de 600 euros ao mes para titulados. Mas a SEPI tamén é a posuidora do veto "de seguridad nacional" que impide construir outro tipo de barcos en Fene.

Sen embargo, non debemos esquecer que certa parte da culpa tivérona os dous grandes sindicatos por non teren apoiado sequera minimamente o plan do asteleiro vigués. E é que os sindicatos tamén son clubes de clase acomodada que defenden aos que xa traballan e non aos que fan cola no INEM. Os desempregados xa se sabe que non pagan cuota.

Neste caso non estamos a falar do bluff mediático de Pescanova con apenas 50 empregos, estamos a falar da perda da oportunidade de máis de 250 postos de traballo directos adicionais aos existentes en Navantia no ano cero e mais de mil en promedio nas seguintes tempadas nunha zona en declinio. Non son catastrofista mas semella que non espabilamos.

15 comentarios:

  1. Nota: misteriosamente a noticia desapareceu e en cambio aparece La ocupación repunta en Navantia con la reparación de 8 buques.

    Cousas de La Voz, unha de cal e outra de area.

    ResponderEliminar
  2. Creo que xa nada do que pase aquí pode sorprenderme...

    ResponderEliminar
  3. Non sei, Barreras acaba de prexubilar medio cadro de persoal e o ano pasado tivera serios problemas pra sobrevivir. Non creo que sexan a salvación de ninguén.
    Isto parece a historia de Pescanova con cambio de papeis.

    De todos xeitos, supoño que se é unha noticia real tentarán gardala para a edición escrita de mañán. Se sae muito tempo en internet perden a exclusiva. Igual están rezando para que nese tempo que estivo á vista non a mirase ningún xornalista.

    ResponderEliminar
  4. Certamente, Barreras non son hermanitas de la caridad, sinon empresarios e fagan o que fagan, fano por interese propio. Si despois de negarlle o plan que tiñan para Ferrol, marchan para Asia, o asunto vai dar moito que falar, pero podes apostar a que os culpables nunca pagarán responsabilidade ningunha.
    O da SEPI non ten perdón; e escuros son estes tempos en que a iniciativa política consiste en escarallar toda iniciativa productiva (véxanse tamén os capítulos "Agricultura" e "Enerxías renovables").

    ResponderEliminar
  5. o dos sindicatos non ten perdón. non só non defenden aos da 'cola do inem', tampouco aos traballadores que din representar no comité de empresa e que non lles interesan ou non son 'amigos mios' (palabras textuais dun representante sindical nunha asemblea dunha multinacional tecnolóxica metida nun ERE)

    apertas

    ResponderEliminar
  6. o dos sindicatos non ten perdón. non só non defenden aos da 'cola do inem', tampouco aos traballadores que din representar no comité de empresa e que non lles interesan ou non son 'amigos mios' (palabras textuais dun representante sindical nunha asemblea dunha multinacional tecnolóxica metida nun ERE)

    apertas

    ResponderEliminar
  7. o dos sindicatos non ten perdón. non só non defenden aos da 'cola do inem', tampouco aos traballadores que din representar no comité de empresa e que non lles interesan ou non son 'amigos mios' (palabras textuais dun representante sindical nunha asemblea dunha multinacional tecnolóxica metida nun ERE)

    apertas

    ResponderEliminar
  8. perdón polo 'spam'... cousas das tecnoloxías

    máis apertas

    ResponderEliminar
  9. Curiosamente acabo de leer un artículo relacionado en otro blog:

    http://ego-marx.blogspot.com/2007/02/el-mito-de-las-deslocalizaciones-i.html

    ResponderEliminar
  10. Esta semana tiven o blogomillo un pouco abandonado por dificultades técnicas. Pido desculpas.

    Obviamente, DGR, é unha parvada defender que se subvencionen servizos ou produtos que non son rendíbeis tal como di no blogue que ligaches (por iso os do UK lle dan sempre leña a Francia co da agricultura e o cheque branco, etc...). Na práctica Os governos teñen que balancear sempre entre a repercusión social de decisións impopulares e a ortodoxia económica. Aquí o caso é xusto o contrario, unha empresa privada pretende tirar proveito dunhas instalacións ociosas na nosa terra e a burocracia da SEPI e intereses militares e mesmo de sindicato aparecen polo medio. Non é unha deslocalización, é directamente unha perda dunha oportunidade de poder competir aquí e agora por un problema burocrático, algo moi hispano.

    Concordo con Nemeth co dos "amiguiños". Só hai que ver quen está no sindicato na maioría de empresas. Os sindicatos moitas veces só aparecen cando a empresa xa decidiu pechar.

    ResponderEliminar
  11. Totalmente dacordo; e sobre todo concordo con que os sindicatos teñen a súa parte de culpa. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  12. Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

    O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
    Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
    En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
    (www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

    ResponderEliminar
  13. Grazas, Marcos, pola información. A ver que se nos ocorre. Postearei algo se teño tempo e encontro algo que contar.

    ResponderEliminar