Recentemente Chuza fíxose eco de xeito optimista de mais dunha nova en El País sobre o número de blogues en galego. O número de bitácoras está a crecer, certo, mas xa non cumprimos a lei de David Sifry (Technorati) segundo a que cada ano o número de blogues se multiplica aproximadamente por catro.
Nota: Cadros propios baseados en dados de Novosmedios.org
Se no presente 2006 o censo de bitácoras activas en galego non anda perto dos 600 blogues activos, podemos comezar a falar non en crise mas en mudanza no tipo de crecemento: o paso dun primeiro ciclo que foi como unha bola de neve a un segundo ciclo con tendencia asintótica.
O blogomillo tamén é un ecosistema e como tal ten os seus factores limitantes: a escasa penetración de internet no rural, onde está o maior caladoiro de galegofalantes, e a tan comentada endogamia.
blogs, pailáns, endogamia=prepotencia,
ResponderEliminarmedite
Blogs + pailáns + endogamia + prepotencia???
ResponderEliminarMedito, medito, ah, xa está, xa sei o elo común que teñen todas estas palabras, vostede está a falar das bitácoras de Libertad Digital, va que si? Acertei? Que premio vou receber? Espero que non sexa un xamonciño de Nadal porque a min o porco non me vai nada.
Non sei se a progresíón é aritmética ou xeométrica pero penso que o número de blogs galegos está a medrar ... basta pegar un vistazo a todos os que se van orbitando ó redor de Galicia Liberal.
ResponderEliminarsempre causame moita admiración a capacidade que teñen os homes e mulleres de ciencias chamadas duras de traducir as estimacións e comentarios liviás da xente en información. Este é un deses casos. Concordo co que dis: "O blogomillo tamén é un ecosistema e como tal ten os seus factores limitantes". E concordo cos que sinalas. De todos os xeitos, penso que nesa debilidade tamén está a súa forza: a de deixar pegadas e xenerar cambios.
ResponderEliminarCada dia somos máis, hahaha!! Un estudo sobre o blogomillo moi interesante, a ver como progresamos no próximo ano! ;)
ResponderEliminarEu creo que moitos dos usuarios galegos de Internet non coñecen o blogomillo... Teño moitas amigas que me preguntan como poden facer para ter un blog, e cando lle falas de todo isto quedan todas sorprendidas.
ResponderEliminarNon sei se ó mellor é só unha percepción miña, pero dáme a sensación de que aquí o usuario medio limítase a ver un par de youtubes, abri-lo seu Messenger e ler o correo, sen explorar case nada pola rede adiante... polo menos na maioría dos casos que coñezo eu, e fálovos de universitarios... Non creo que iso favoreza moito a penetración de Internet tampouco.
Unha aperta e gracias polo teu post
Eu non sei se tanta reflexión sobre o blogomillo, no fondo, está a quitarlle "naturalidade" a todo isto.
ResponderEliminarNpepaAoc_ro-1999 Sandy Zauner ScreenHunter Pro
ResponderEliminarMovavi Video Converter
Movavi Video Editor
taacatgelern