20 de dec. de 2006

Eternidade

Este ano non vou ter Nadal. O significado do Nadal tal como o coñecía desapareceu coa perda dun familiar moi querido. Finxirei que todo continúa igual mercando os habituais agasallos.

Apesar de ser un agnóstico convencido, se é que un agnóstico pode estar convencido de algo, deixo no blogue unha atinada reflexión do señor cura da miña pequena aldea:

"Somos infelices porque tratamos de saciar o noso corazón, que ten fame do infinito e do eterno, con cousas materiais, que son necesariamente finitas e perecedouras."

A felicidade, como a eternidade, non se pode mercar, nin sequera no Nadal.

Imaxe: After Shave Eternity de Calvin Klein. Aprox. 26 euros no Carrefour.

9 comentarios:

  1. Off-topic:

    He visto un post sobre un posible AVE a Teruel en el a veces interesante blog de Egócrata. Te dejo el link, por si el tema de discusión pudiera ser de tu interés:

    http://ego-marx.blogspot.com/2006/12/de-trenes-y-caonazos.html

    ResponderEliminar
  2. Grazas . Interesante ligazón. As infraestructuras sen un plano económico e empresarial asociado non sirven de moito, salvo para que a xente escape dalí a maior velocidade.

    ResponderEliminar
  3. Pois oes!! serei hipócrita e capitalista, pero Eternity para Home, é o perfumo que mellor ule na terra e no espacio e na Vía Láctea, eu cando vou ás perfume´rías...bótoa para MIN
    uuuuummmmmmmmmmmmmmmmm
    xa a estou a ulir
    uuummmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
    Un bico
    Yoli (moralla)

    ResponderEliminar
  4. O cura da túa aldea levaba razón. E é unha demostración do parvos que somos. Sobre todo no Nadal.

    ResponderEliminar
  5. Gran reflexión del cura de tu aldea.
    Que pases la mejor Navidad posible.

    ResponderEliminar
  6. É certo que por estas datas botamos máis en falta ós que non están...
    Pero non finxas que todo seque igual, ó final vale de pouco... Tamén podes converter o Nadal no que ti queiras, darlle un novo significado ou reforzar o que tiña antes.
    Moito ánimo, unha aperta e que pases un bo Nadal. Seguiremos por aquí. ¡Biquiños!

    ResponderEliminar
  7. Sabias palabras as do crego.
    A min tampouco me gusta nada o Nadal único que espero del é que pase rápido...

    Mrs.Doyle

    ResponderEliminar
  8. Ogalla que o pases ben nestes dias pese a perda dese familiar.
    Un saudo.

    ResponderEliminar