11 de dec. de 2006

A cultura do vinho

Já que estamos no Natal, uma época propícia para os embebedamentos, gostaria de propor uma maneira diferente de beber álcool. Desde que moro em Compostela tenho verificado que o único objectivo da mocidade na quinta-feira à noite é apanhar rápido uma bebedeira de paralisar os neurónios.

Era melhor substituir essas combinações infectas com o estômago em jejum por um copo de vinho acompanhado de empanada, queijo ou azeitonas. Ademais, é muitíssimo mais chique desconversar sob influência dionisíaca de um Tio Pepe ou um Terras Gauda do que dizer parvoíces graças ao Absolut com Fanta de laranja.

Imagem: Garrafa de Lambrusco Grasparossa de Módena; apenas 1.80 euros no Carrefour.

9 comentarios:

  1. Neste caso, como en tantos outros, a ignorancia é a que fai o dano.
    Para unha droga tradicional que tiñamos, a deixamos estragar. E non só o viño, o licor café tamén fai parte desta tradición, beber desfrutando e non beber para estar bébedo.

    ResponderEliminar
  2. Passei para desejar a continuação de bom domingo!

    ResponderEliminar
  3. Mendinho, ti si que sabes !.
    Eu onte xa tiven a miña ración de Terras Gauda para este Nadal.
    O Lamrusco probeino hai anos e encántame.

    ResponderEliminar
  4. Amigo Mendinho, discrepo con vostede en darlle ó Tio Pepe un status semellante ó Terras Gauda.

    ResponderEliminar
  5. Ghanito, saiba que a moi ilustre e bebedora profesión dos enxeñeiros de obra aínda remata as súas paparotas cun licorcafé.

    A Randeeira. A verdade é que o Tío Pepe é un viño excelente no seu estilo (o dos finitos) e é máis parecido a algúns dos viños do Porto. Tampouco sería comparábel o lambrusco (un espumoso barato mas moi digno) co Terras Gauda (un dos caldos galegos máis caros). Realmente hai moi poucos viños que se poidan comparar co estilo do Terras Gauda, pero non só de viño caro vive o home.

    ResponderEliminar
  6. O máis destacábel do post é o título. Xa moitos quixeran pensar o viño coma unha cultura...

    ResponderEliminar
  7. A cultura do viño é un gran invento e Terras Gauda unha boa elección...

    ResponderEliminar
  8. Ao pe dunha vide construiria eu unha casa de amizade e conversa (evidentemente Leticia Sabater non ten pinta de gustarlle o viño,ou si?,ou eu que sei!).Continua con eses costumes compañeiro

    ResponderEliminar
  9. Recoñezo que ás veces tamén lle dou ó absolut, mais con limón, non con laranxa, pero o viño é a única bebida alcohólica que desfruto de verdade. Son máis de tinto que de branco e, a parte dalgún dos galegos, como o Rectoral de Amandi, quédome cunha denominación de orixa veciña, o Ribera del Duero.

    Boa idea a de torreira!

    ResponderEliminar