24 de nov. de 2006

Pontes na Gallaecia

As pontes históricas que se espalhavam por todo o território da Gallaecia são atualmente um património imóvel de interesse público nem sempre justamente valorizado. Os exemplares mais valiosos existentes são de origem romana. À esquerda, a ponte sobre o Bibei (Póvoa de Trives, Galiza), à direita a Ponte da Barca (Portugal), sobre o Lima (gal. Límia), que era considerado o rio do esquecimento (Lethes) pelos romanos e por essa causa foi construida esta formosa ponte.

8 comentarios:

  1. Creo que as obras de enxeñería civil non están suficientemente recoñecidas en España en comparación con outros lugares...

    Os libros de arte que se usan no ensino deberían falar dotras disciplinar ademáis de arquitectura, pintura e escultura.

    ResponderEliminar
  2. As obras de enxeñería civil están pouco recoñecidas comom valor arquitectónico ou paisaxístico, pero unha das perores ameazas que sufren, ó meu entender, son as novas infraestructuras, a veces pouco respetuosas co entorno.
    Sin seren tan antigos como os exemplos que pos, os viaductos de Redondela tamén son un certo exemplo de patrimonio histórico xurdido da enxeñería civil.

    ResponderEliminar
  3. fermosas e moi infravaloradas, como dis. Mágoa que non sexa o único que merece mais atención na terra...

    ResponderEliminar
  4. Ademais de fermosas, esas nunca caen. Non coma as modernas.

    ResponderEliminar
  5. Efectivamente, os galegos estamos especializados en non valorar as cousas que temos o noso redor porque moitas veces as ignoramos aínda que as teñamos diante do fuciño.

    ResponderEliminar
  6. Moi poucas pontes modernas caen despois de seren construidas. Apesar de moitas das novas pontes seren funcionais e non moi estéticas, nas nosas cidades tamén poden encontrarse humildes exemplos de boa enxeñería. A ponte atirantada sobre o Lérez é excelente e ate a ponte de Rande ten unha estética das pontes dos 70 que ten o seu aquel.

    A maioría das pontes romanas eran de madeira e foron queimadas nas guerras e maior parte das de pedra que hoxe chegaron a nós non son romanas, senón moito máis tardías. Pontes realmente romanas pódense contar cos dedos, Ponte Bibei é, afortunadamente, unha delas.

    ResponderEliminar
  7. Hai un interesante estudo, que vostede de seguro coñece, de Segundo Alvarado e C.Nardiz, creo, sobre as pontes galegas. Por certo, gustaríame saber a súa opinión: que lle parece a vostede a Ponte do Milenio, a última que se fixo en Ourense? Convertiuse nun símbolo da época do goberno do PP-Cabezas, pero diso non ten a culpa a ponte...

    ResponderEliminar
  8. Coñezo o libro Pontes históricas de Galicia dado que Nárdiz foi un dos meus docentes e o seu libro era case de obrigada lectura.

    A respeito da ponte atirantada de Ourense foi deseñada por un arquitecto a pedido do anterior alcalde. Aconsello que vaian ao Norte de Portugal e visiten O Porto e as súas novas pontes sobre o Douro, todas deseñadas por enxeñeiros, e comparen o que se fixo nunha e noutra cidade.

    ResponderEliminar