Segundo a Escola de Comercio de Copenhague os traballadores perden perto de media hora ao día en revisar o correo electrónico.
A comunicación moderna afórralle cartos ás empresas pero tamén llelo pode facer perder se non hai procedementos claros e disciplinados para atender o correo electrónico.
Se estas son as consecuencias do email, as consecuencias económicas do blogueo poden ser terríbeis.
Mágoa que a Escola de Comercio de Copenhague non estudiara tamén o tempo e a saude que perden os traballadores abusados polas suas empresas. Intuo que é algo mais de media hora...
ResponderEliminarXa se sabe que estas escolas de negocios son un grande negocio en si mesmas, e por suposto dirán o que a xente que lles dá de comer quere escoitar.
ResponderEliminar