15 de nov. de 2006

Mileuristas explicados por Varsavsky

No excelente blogue de Martin Varsavsky, emprendedor, filántropo e multimillonario, este explica as causas do mileurismo en España en comparación co Reino Unido, país onde tiven o pracer de vivir un ano. As causas resumidas son dúas e eu concordo en grande medida:

* Os estudantes no RU son formados nun modelo democrático de ensino onde se visa ter ideas orixinais e saber organizar mentres aos españois lles ensinan no modelo franquista de memorizar, repetir e obedecer.

* O RU é un país de xefes e emprendedores adaptados a competir na globalización mentres España é un país de subordinados.

10 comentarios:

  1. Estou totalmente de acordo co exposto...

    Máis de un debería mirar para afora de vez en cando en lugar de mirar só cara adentro...

    ResponderEliminar
  2. bastante de acordo, aínda que seméllame maximalista de máis estas afirmacións. Habería algún matiz que dar, pero pouco cambiaría o bon retrato feito...

    unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Me parece simplificar, comparar así a ingleses y españoles. A la hora de la verdad, todos los pueblos pueden ser igual de valientes o de aborregados, porque estamos hechos de la misma pasta.

    Un ilustre gallego de La Coruña, Don Ramón Menéndez Pidal, tiene un librito muy recomendable, "los españoles en la historia", en que trata del carácter español.

    ResponderEliminar
  4. Xa sabía eu que de algo me tiñan que vir a min as ideas galeguistas e a identidade propia do país.
    Por qué dos galegos non dixo ren?

    ResponderEliminar
  5. Pareceume moi interesante o post de Martin Varsavsky, mágoa non poder engadir nada enriquecedor :(

    ResponderEliminar
  6. Non son quen de entrar en temas político-filosóficos do tipo existe un carácter español? de Menéndez Pidal. Eu probablemente a subtituiría por existe un carácter hespañol? de Castelao ou existe un carácter ibérico? de Miguel Torga, mas fáltame a formación para facelo. O colega A Randeeira sabe ben que eu acredito na identidade cultural da Galiza mas tamén é sabedor de que non son independentista nin isolacionista. Todo depende da escala con que se vexan as cousas: recordemos que Varsavsky é un xudeo-arxentino educado nos EUA e recén chegado a Madrid.

    Voltando ao rego, certo é que todos estamos feitos da mesma materia, como ben di Joaquín, mas, como bo andaluz, Joaquín seguro que sabe que se a galegos e andaluces non nos loce mellor o pelo é porque as nosas culturas económicas e empresariais son, por desgraza, moi diferentes ás dos británicos.

    Varsavsky simplemte aponta que unha das causas é este vello método de ensino onde o tratar de ser minimamente orixinal pode ata ser penalizado polo profesor. Eu concordo bastante coa análise.

    ResponderEliminar
  7. Polo profesor e polo chefe (superior en xeral) da empresa. O rapaz, que estudou, entra de novato e pretende dar ideas a aqueles que aínda pertencen a unha xeración anterior, educados nun franquismo máis puro. Entón é que vai saber o que é bon. Encanto o patrón só mira pola rendibilidade máis superficial da empresa, podendo existir buracos económicos evidentes pola falta organización, ese ou marcha ou fica nos mil euros para sempre ao tempo que escoita falar del: "ese non vale". Ao menos iso pasa en ocasións na Galiza, e en empresas poderosas de moi recente creación. Ser creativo nestes contexto desestabiliza a dirección e molesta á empresa.

    ResponderEliminar
  8. En esencia estou moi dacordo co exposto.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  9. non son moi afeita ás xeneralizacions, pero penso que Varsavsky deu nun asunto importante dos sistemas educativos de cada país.

    ResponderEliminar
  10. Entón como se explica que a mesma persoa, formado no sistema español, sexa un mileurista na Galiza e pola contra teña un salario máis que decente no UK, e dende logo non inferior ao de moitos licenciados e doutores "autóctonos"?

    Do mesmo xeito, non lles recomendo aos licenciados en Oxford e en Cambridge que busquen traballo en Teruel se queren estar ben pagados. Por moi boa que sexa a súa formación.

    Non todo pode ser culpa da formación. Ten que haber algo máis.

    ResponderEliminar