22 de out. de 2006

Renfe mexa por nós

Cada vez que viaxo un venres pola tarde de Compostela a Coruña o meu nível de xenreira acada o seu clímax grazas a Renfe. Xa non é que teñamos unha vía non duplicada, xa non é que teñamos comboios de hai medio século. E que a isto sómase que a xestión loxística e o trato ao cliente non poderían ser piores.

O traxecto A Coruña-Santiago-Vigo é dos mais rendíbeis. Renfe é consciente de que o venres ás catro da tarde en Compostela é a maior ponta semanal. Só unha mente perversa pode facer coincidir con diferenza de 10 minutos a saída a Vigo e á Coruña, colapsando a estación, e porse a imprimir os billetes de cada viaxeiro un por un en troques de telos xa pre-impresos. Ademais, racanéase no número de carruaxes facendo que en moitos casos os pasaxeiros teñamos que ir de pe incluso tendo reserva sen dereito a indemnización.

Un estudante ou un traballador debería poder estudar e traballar fóra da súa cidade, que non está tan lonxe de outras, sen ter que gastarse un diñeiral no transporte, sen ter que soportar folgas e atrasos todos os anos e sen o desprezo e a inoperancia dos empregados de fiestra da Renfe.

Nota: O famoso Talgo a Barcelona da figura é de 1964 e ate foi usado nun capítulo de Cuéntame; para facer rodar esta chatarra na Galiza fai falta una locomotora diésel das de mercadorías xa que non hai vía electrificada.

8 comentarios:

  1. Totalmente de acordo contigo, Mendinho. Eu sofrín durante moitos anos o traxecto terceiro-mundista "Ferrol-Coruña" até que cansei e cambiei primeiro polo autobús e logo polo coche.

    E o mais gracioso é que temos que aturar a propaganda do AVE a Madrid, non seria millor ter primeiro un servizo público decente no país? ... moita mentalidade colonial na Galiza.

    ResponderEliminar
  2. abrin esta ventaniña para contar que falas igual cos usuarios dos trens de Bos Aires cando atopei a frase de suevo "traxecto terceiro-mundista" xa anotada. Pios iso: que non hai diferencias e que todas as empresas, canto mais enormes mais famentas e mostruosas se poñen.

    ResponderEliminar
  3. Eu sufro o Pontevedra-Zamora que é o Talgo a Madrid,e non está tan mal...pero creme,en xeral as comunicacións están peor en Castela que na Galiza eh...eu pra ir a Salamanca so teño un bús ao dia (o Alxeciras-Coruña de Alsa-Daínco) e ninsequera tren (só a Zamora e logo bus Zamora-Salamanca),así que imaxinate...

    ResponderEliminar
  4. Aclaración: As infraestructuras ferroviarias son propiedade do Ministerio de Fomento (neste caso xestiónaas o ADIF), a explotación da vía correspóndelle a Renfe, que é unha empresa de participación estatal que nin é propietaria das vías nin é responsábel do seu estado. Sería a Fomento a quen deberíamos pedir contas polas malas condicións dos camiños de ferro galegos.

    Eu do que fago responsábel á Renfe é da moi mala xestión do servizo (atrasos, folgas, colas, carruaxes ateigadas,...) e da mala educación dalgúns dos seus empregados. Ao César o que é do César.

    ResponderEliminar
  5. Eu pregúntome moitas veces a quen lle beneficia estar a gastar miles de millons en novas infraestructuras cando esta totalmente abandonada a xestion das xa existentes dende hai seculo e medio, mais que suficientes para sacar a Galicia do atraso que padece en materia de transportes.

    ResponderEliminar
  6. A situación do transporte público na Galiza é moitísimo peor que en calquera outro lugar de España tanto en servizo como en prezo.

    E o verdadeiramente alporizante e que semella que a ninguén lle importa...

    ResponderEliminar
  7. É indignante que no século XXI acontezan estas cousas. Noutros puntos da Península pode que se creen problemas casuais, pero non tan estructurais como os que en Galiza se está á dar.

    ResponderEliminar
  8. Completamente de acordo. Eu xa desistín, por desgracia, de viaxar en tren. Son dos derrotados que se moven en coche case sempre coa excusa dos fillos e a inestimable colaboración da penosa RENFE.

    ResponderEliminar