6 de out. de 2006

Accións

Nestes meses houbo moita actividade na bolsa. Quen ten accións ou un fondo de investimento ou de pensións e sabe que o IBEX xa pasou o limite psicolóxico dos 12.000 pontos. Ángel Jove desfíxose da promotora Fadesa, a ACS-Dragados de Florentino Pérez vai camiño de ter o dominio de Iberdrola despois do de Unión Fenosa e Necso botou un órdago sobre Endesa. Mas imponse unha lectura entre liñas: a construcción comeza a perder aos poucos a rendibilidade doutras tempadas e as constructoras xa non queren ser só constructoras senón operadores integrais de servizos; isto é a definición políticamente correcta que se pode ler nunha das webs dunha das anteriores empresas.

Hoxe escoitei ao presidente Touriño dicer que para costear a Cidade da Cultura fai falta meter a empresas privadas polo medio, e eu concordo, e o autarca compostelano Bugallo asegura que dita obra será sen dúbida unha fonte de cartos para Galiza. Ben, eu propoño facer como coa construcción dos primeiros ferrocarrís do XIX, cando a administración non tiña cartos para pagalos: poñer no mercado accións da Cidade da Cultura e que os ricos prohomes como Bugallo e empresas que consideren que a megalópole cultural é o fabuloso negocio que aventuran algúns merquen todas as accións que desexen e fagan OPAs hostís.

3 comentarios:

  1. Estou moi de acordo coa túa proposta. Anímote a escribir unha carta aberta a algún xornal de grande tirada para facela pública.

    ResponderEliminar
  2. Si, eu tamén estou de acordo coa orixinal proposta. É a única solución para sair do atranco que supón a obra faraónica. A saída o parqué sería un éxito.

    ResponderEliminar
  3. Eu teño esa camiseta. Benvido de novo.

    ResponderEliminar