
Nestes meses houbo moita actividade na bolsa. Quen ten accións ou un fondo de investimento ou de pensións e sabe que o IBEX xa pasou o limite psicolóxico dos 12.000 pontos. Ángel Jove desfíxose da promotora
Fadesa, a
ACS-Dragados de Florentino Pérez vai camiño de ter o dominio de
Iberdrola despois do de
Unión Fenosa e
Necso botou un órdago sobre
Endesa. Mas imponse unha lectura entre liñas: a construcción comeza a perder aos poucos a rendibilidade doutras tempadas e as constructoras xa non queren ser só constructoras senón
operadores integrais de servizos; isto é a definición políticamente correcta que se pode ler nunha das webs dunha das anteriores empresas.
Hoxe escoitei ao presidente
Touriño dicer que para costear a Cidade da Cultura fai falta meter a empresas privadas polo medio, e eu concordo, e o autarca compostelano
Bugallo asegura que dita obra será sen dúbida unha fonte de cartos para Galiza. Ben, eu propoño facer como coa construcción dos primeiros ferrocarrís do XIX, cando a administración non tiña cartos para pagalos: poñer no mercado
accións da Cidade da Cultura e que os ricos prohomes como Bugallo e empresas que consideren que a megalópole cultural é o fabuloso negocio que aventuran algúns merquen todas as accións que desexen e fagan OPAs hostís.