Possível foto do cão do ministro na viatura.
É possível ler no semanário Expresso.pt que o Ministro da Economia do país vizinho foi apanhado pelo radar com excesso de velocidade na A1 (Lisboa - Porto). O carro, um Jaguar de 3 litros a gasolina, poderia ter circulado a 180 km/h.
A Associação de Cidadãos Auto-Mobilizados requereu à Direcção-Geral de Viação a aplicação de sanções ao senhor Ministro como autor moral da infracção. O interesse de chegar mais cedo era do ministro e não do motorista, o qual agiu por ordem do político.
O senhor Ministro alegou que o seu veículo ia a alta velocidade por estar em "serviço público urgente" e que "não fará qualquer comentário sobre este assunto".
Eu creio que muitos são os galegos alguma vez encontraram algúm Audi preto ou cinzento de vidros tintados na A-9 a muito mais de 120 km/h em sentido Santiago, quando esta gente deveria ser a primeira a dar exemplo.
Os carros oficiais disfrutan de normas de circulación excepcionais. Non sei se lembra vostede cando unha muller batera co seu coche de frente contra o de Fraga en Porto do Son. Fora debido a que este ía cun petardo no cu a inaugurar calquera cousa, invadira parcialmente o carril contrario e a condutora non tivera a sorte ou habilidade de safar do golpe.
ResponderEliminarAs piadas sobre o ataque camicace foron multitude na zona vella compostelán.
Ai que xustifícalos polo estres que acumulan por servir desinteresadamente ó país. Ademáis é probábel que chegase tarde a un xantar (de convidado) e non se pode facer agardar ós anfitrións. A lei de tráfico debería facer excepcións no caso de políticos e outras xentes do mundo rosa porque son algo superior a unha persona da pé.
ResponderEliminarcomparto a retranca da randeeira!
ResponderEliminarou senon, que fagan como a casa real, que van en helicóptero a Torrejón. Aínda que eu mos teño atopado montando un cipitiesto de aúpa en Argüelles... E estes nin se sabe o que fan!...
unha aperta
home, exemplo dan a cotío. O que pasa é que un mal exemplo.
ResponderEliminarSei por un xornalista que seguía a actividade diaria de Fraga que o expresidente podía chegar a calquera punto de Galicia nunha hora e pouco. Conseguiu o que non conseguiron as súas infraestruturas. Por outra banda casi tivemos o privilexio os noieses de que Fraga a espichase aí. A súa reacción despois do accidente: "Hai que arreglar esa saída". Quen di que non existe a democracia?
ResponderEliminarA meu pai collérono en Portugal unha vez á mesma velocidade, e a próxima tócalle pasar un tempo no calabozo, segundo dixo a polícia. E o señor ministro ten inmunidade? Ai non, ten chófer...
ResponderEliminarE sobre Fraga, tede en conta que tiña que compensar a velocidade de marcha a pé coa do coche.
O de dar exemplo parece que non se lle dá moi ben aos políticos. O peor é que aos cidadáns se nos dá estupendamente alegar sempre na nosa defensa, cando incumplimos leis e normativas, que outros o fan igual ou peor. E quedamos tan panchos e sen vergoña.
ResponderEliminarNon penso que un político a 180 sexa cousa tan mala
ResponderEliminarPoderíanse poñer ducias de motivos riba da mesa pra explicalo.
Sen ir máis lonxe, medidas de seguridade como se aduciron cando ZP foi ver cantar á súa dona e empregou cartos deses que son de todos e, polo tanto, de ninguén
O que si me parece mal é a cantidade de xente que non ten nin esas excusas de mal pagador pra ir a 180.
Ou mellor dito: Aqueles que pensan que, xa que outro o fai, non é malo facelo un mesmo
Teño entendido que os coches oficiais non teñen que respectar os límites de velocidade debido a cuestións de seguridade. O que ten que facer o ministro é cambiar de país e buscarse un estado que non multe os ministros :D
ResponderEliminar