Onte lin no xornal online 20minutos que Ryanair regalaba billetes en Barcelona por protestar contra Iberia mas os berros voltáronse en contra de ambas ao non ter billetes dabondo para os manifestantes congregados. Curiosa medida de marketing de guerrilla. Na Galiza tamén temos a nosa particular batalla, sobre todo nos voos británicos. Eis algunhas diferenzas:
Iberia voa desde A Coruña a Heathrow que é o aeroporto londinense máis céntrico e o que está mellor conectado se imos a outra cidade se o compararmos con Stansted (Essex, Norte de Londres), os lugares están numerados e só son precisos 45 minutos previos en lugar das 2 horas de check-in de Ryanair, tarda 30 minutos menos en voo, permite facturar 5 kg mais de equipaxe que a compañía irlandesa, a tripulación fala en lingua romance e o Airbus é máis cómodo que o Boeing.
Pola contra Ryanair voa desde Lavacolla, que dá mellor servizo ao sul da Galiza e voa tanto a Londres-Stansted como a Liverpool (desde outubro), soe ser un chisco mais barata e nótase especialmente nos meses nos que voa menos xente, permite levar 5 kg máis de equipaxe de man, é mais exacta que Iberia e probabelmente nunca deixarán a nosa equipaxe en terra para meter a da duquesa de Alba.
A min persoalmente encántame a competencia e aínda que costumo voar con Iberia agradezo a Ryanair a sua implantación na Galiza que permitiu por fin a un monopolio. Desde aquela a compañía española mellorou bastante a política de prezos.
Non sei se será o caso de Ryanair pero outra diferenza entre Iberia e as demais compañías é que ten azafatas con máis de corenta anos. Hai que preguntarse ás veces tamén polos efectos colaterais.
ResponderEliminarnun primeiro momento, sempre este tipo de medidas empresariais parécenme boas para min. Pero so andar un pouco, decátome que son boas para eles. Coma un grande circo no que somos espectadores pero os golpes e as piruetas son fantansia...
ResponderEliminarMinha cara amiga brasileira, não brinque comigo, hahaha, já sei que se sinte mais confortável com a grafia à portuguesa do que da com a grafia à espanhola, mas muitas pessoas ficam incomodadas se eu não empregar o galego standard.
ResponderEliminarNão se preocupe, o próximo post será em português (na variante de Lisboa) de acordo com a regra 50%/50% que rege este blogue. Se houvesse qualquer palavra cujo significado não haja percebido, não hesite em perguntar.
Espero que gostasse do meu anterior post sobre a Lusofonia. Seja bem-vinda de novo e muito obrigado pela sua visita.
Se cadra, moitas das vantaxes que ofertan as compañías como RyanAir, e que ti comentas, baséanse en criterios empresariais que impiden garantir postos de traballo cun mínimo de calidade, pero sen embargo permiten obter aos seus propietarios unhas marxes de benefizo económico enormes. De todos os xeitos, eu, simplemente como cliente, gosto de poder voar en mellores condicións e con prezos máis baixos. ¡¡¡É unha decisión difícil¡¡¡
ResponderEliminarTambién yo he volado con ryanair (y por cierto, me pilló cuatro billetes cuando su gerente se fugó y dejó la empresa en quiebra). Esas compañías de vuelos baratos cumplen un servicio, sobre todo enlazando con destinos que no atraen a miles de pasajeros y desde aeropuertos más o menos modestos. Ojalá contribuyan a bajar los precios. Saludos cordiales.
ResponderEliminarNon pensar nos efectos colaterais é o que leva a comprar roupa chinesa de baixa calidade, etc.
ResponderEliminarSon decisións difíciles, é certo. só hai que asumilas.
Como usuaria frecuente dos avións só podo dicir que alédome de que existan as compañías low cost.
ResponderEliminarOutra cuestión moi diferente é a política das empresas...
Teño entendido que en Ryanair non lles deixan utilizar marcadores fluorescentes para economizar. Como dicía unha amiga, se te namoras da rapaza do check-in, non te preocupes, seguro que a voltarás a ver durante o voo.
ResponderEliminarÉ verdade que non me sinto moi cómodo voando con Ryanair, non creo nas gangas ou pechinchas. Stansted está lonxe de todo, hai que agardar case dúas horas, o seguro non cubre case nada e pasas 500 gramos e xa che queren pedir 10 euros. Sen embargo, se non fose pola compañía irlandesa os prezos de Iberia continuarían sendo un escándalo. Quen vai pagar 300 libras por un voo de ida e volta a Londres? Hoxe, polo menos, os prezos de Iberia entran dentro do normal (en torno ás 70 libras). A competencia é boa.
O outro día fun e volvín a París, desde Vigo, con Air France. Inmellorable.
ResponderEliminarO certo é que este tipo de compañías permiten plantexarse viaxes a xente (coma min) que doutro xeito non o faría. Se hoxe irme a Madrid cústame 26 euros (Vueling), ou 50 a Barcelona, ao mellor anímome, pero cando antes de 100 euros para abaixo non atopaba nada, tira bastante para atrás. Outras historias son campañas coma as de berrar contra Iberia: para iso non fai falla prometer billetes, vas á T4 en agosto, e é suficiente.
ResponderEliminar... a T4 supoño que Mendinho nos pode falar sobre ela porque con toda a polémica que creou entre os do seu gremio...
ResponderEliminarÉ unha excelente terminal, especialmente pola súa arquitectura, mas non está rematada. A respeito de se a mellor opción é ter un grande Barajas ou é mellor repartir os voos noutros aeroportos estatais, ben, iso na España decídeno os políticos. Comparados co Reino Unido ou coa Francia o tráfico aéreo ibérico (e subliño o de ibérico) está bastante descentralizado grazas ás low cost.
ResponderEliminarHoubo un exceso de presas por facerlle ver à xente que estaba rematada en véspera de eleccións cando, aínda hoxe en día, a mellor maneira para mudar de terminal é ir de taxi, porque, de feito, a T4 segue isolada. Non se preocupen, eu garántolles que veremos polo menos outra inauguración mais da T4 (e xa temos asistido a dúas).
Eu penso que a mellor opción para ir das T 1,2 e 3 á T4 é o servicio de transporte do aeroporto porque cos taxis xa se sabe o que pode suceder...
ResponderEliminar