11 de set. de 2006

A Galiza nipona

Capa de Ghost in the shell, um animé sobre o futuro numa sociedade maquinista.

A sociedade japonesa comparte com a galega uma taxa de suicidio superior a 5 por 100.000 cada ano, sendo a época pior na primavera e no verão.

Maioria dos galegos da geração-X, como eu próprio, crescemos com o animé de Akira Toriyama (Dr. Slump, Dragon Ball). Hoje a estrela é Shin Chan, que amostra no fundo uma sociedade japonesa muito competitiva, em que o casal anda quase todo o dia quer no trabalho quer no centro comercial, onde é impossível deslocarse a pé e os filhos são únicos e passam a jornada inteira na escola.

Baseado na arte erótica oriental que já existia há mais de quatrocentos anos apareceu também o hentai moderno após a derrota japonesa da Segunda Guerra Mundial. A pornografia é limitada no Japão e o hentai mais perverso é uma válvula de escape às pressões do quotidiano.

Quando as pessoas decidem demitir-se da vida como na Galiza e no Japão significa que algo está doente nas nossas sociedades pós-industriais e nem sequer as válvulas de escape funcionam. Cá encontramos todos os dias sintomas de enfermidade social no elevado grau de alcoolismo, nos suicídios, no narcotráfego, nos acidentes de trânsito, nos incêndios, etc...

14 comentarios:

  1. Conocía el dato de Japón, pero no el de Galicía. ¿Crees que obedecen a las mismas causas, o tal vez los suicidios del medio rural respondan a motivos distintos?

    ResponderEliminar
  2. O curioso da era Toriyama (que trascendeu á xeración-X e para mostra, un botón ^^U) é o forte que pegou nas versións dobradas das Comunidades históricas e o desapercibida que pasou no resto...
    ------------------------
    Penso que o silencio mediático que se crea en torno do suicidio, en principio por "protección", non fai senón aumentar a aura de escurantismo e romanticismo que sempre houbo en torno del e agochar un problema real que, como ti ben dis, é un síntoma de enfermidade social.
    Xapón, Finlandia, Fed.Rusa e as repúblicas bálticas adoitaban ocupar o palmarés en nº de suicidios, pero nos últimos anos engáderonselle paises como Bielorrusia, Hungría e Ucraína. Algo que chama a atención é que a taxa de homes adoita cuadriplicar á de mulleres, se cadra por que éstas vénse na obriga de ficar cos fillos? Porén, en Galicia son máis as mulleres, e sobretodo as anciás, as que deciden quitarse a vida...
    Por outra banda, se ben é certo que a dureza das estruturas sociais e o sistema educativo adoita sinalarse como principal culpable dos suicidios en Xapón, no resto dos países mencionados o consumo de alcohol alcanza proporcións preocupantes (polas miñas experiencias vitais, penso que en comparación nós somos modosiños) e agás Finlandia, que posúe unha forte economía e Estado do Benestar (pero tamén unhas taxas de violencia doméstica brutais e máis silenciadas aínda que os suicidios), os demáis países aínda están a sofrer as consecuencias dunhas transicións un tanto arrepiantes que en xeral supuxeron un empeoramento das súas condicións de vida e contribuiron asemade a aumentar o descrédito do Estado e a presentarlles un futuro máis escuro...
    PD: Non quería estenderme tanto...desculpa. Unha última dúbida: onde atopaches esas taxas de suicidio en Galicia?
    As que coñezo eu adoitan darse xeralmente en nº de suicidios/ano por cada 100.000 habitantes.

    ResponderEliminar
  3. O que aconteceu foi un erro na transcripción, un cero que se me foi cando o publiquei por primeira vez, corrixino ao pouco, mas a semente xa estaba enviada. A cifra é por cada 100.000 habitantes e ano, como ben apunta Arale.

    As cifras encontreinas googleando. Según La Voz é de 9 por cada 100.000 e segundo un xornal sanitario da Xunta é de 11. A de Xapón é de 17 segundo lin na páxina da BBC. Os dous casos son alarmantes porque o número crece cada ano entre a xente nova, cousa que non é normal en países desenvolvidos (que soe andar sobre o 5).

    O caso pior, con todo, é a Europa do Leste e Rusia con taxas de ata 40 por cada 100.000. Supoño que será debido aos cambios sociais e económicos do paso do comunismo ao capitalismo.

    ResponderEliminar
  4. Na wikipedia en inglés teñen unha táboa, os datos son un pouco maiores aos meus

    en.wikipedia.org/wiki/List_of_countries_by_suicide_rate

    Japan = 24
    Spain = 8

    En canto a España hai unha boa táboa aquí www.madrid.org/iestadis/fijas/estructu/sociales/indsoc_s.htm

    Asturias = 15 (1ª)
    Rioja = 11 (2ª)
    Galicia = 11 (3ª)
    ...
    Madrid = 3 (última)

    Supoño que todos os datos hai que collelos con precaución, dado que incluso poden ser maiores, como apuntou Arale, polo ocultamento familiar.

    ResponderEliminar
  5. Gracias polos links, non deixo de abraiarme da variedade de listas que hai na Wikipedia, que sería de min sen Tatarstán, Wazirisitán e Somaliland...

    Os datos da de Madrid son de hai case 10 anos...agora, como ti apuntas, somos os primeiros oficialmente O_o
    Espero que as tímidas reportaxes que comezan a saír agora sobre a necesidade de información sobor dos suicidios resulten nunha desmitificación dos mesmos. Penso tamén que o forte incremento do consumo de drogas duras na mocidade galega tamén está a causar moitos danos psicolóxicos irreversibles que contribúen ao perfil de futuro suicida...

    ResponderEliminar
  6. La Universidad de Oxford cuenta con un centro de investigación de suicidio (que afirman ser única en Europa). Su investigación experimental se extiende a la población de Oxford.

    http://www.psychiatry.ox.ac.uk/csr/monitoring.html

    ResponderEliminar
  7. já sei que nom tem a ver com o post, mas pq escreves nas duas normativas? que esquizofrénico, nom?

    ResponderEliminar
  8. Esse último comentário só podía vir dumha reintegracionista integrista (vou inventar o termo "reintegrista"). Tes algo em contra dagente que respeita às demais pessoas? Ou é que só existe umha VERDADE e temos todos que nos sacar os olhos por ela (seja qual for). Dumha pessoa que come um dia iogur de fresa e o outro natural dirias que é esquizofrénica? Porque para a maioría da povoaçom esse é o interese que lhes provoca a desputa normativa.
    Eu quero dar os meus parabéns ao Mendinho por alternar assim, sem caer no absolutismo de uns ou de outros. (E parabéns também pelo blog, gosto muito dele).

    ResponderEliminar
  9. Este debate das normativas é tan vello...

    En canto a Xapón... que cultura. Parece occidentalizarse a pasos axigantados pero penso que só na forma, segue a ser un país onde o nacionalismo segue con moita forza e as tradicións pesan moito na sociedade.

    ResponderEliminar
  10. Sempre se di que non se fala nos medios de comunicación de temas como o suicidio porque inducen indirectamente a que aumente o número de casos. Pregúntome ata que punto é isto certo ou simplemente a súa emisión responde a criterios de carácter moral.

    ResponderEliminar
  11. Pois non sei que influencia poden ter os medios de comunicación. Isto vai por épocas, o Romantismo foi unha desas épocas psicolóxicamente insás debido á revolución industrial. Creo que en moitos países pode ser debido à mundanza dunha sociedade máis ou menos tradicional para un sociedade pos-industrial, e estes son os efectos colateriais da segunda revolución industrial.

    ------------------------------------

    Cara Sabela, sim, sou um bocadinho doido, como o Fernado Pessoa, que tinha várias personagens totalmente opostas (Álvaro de Campos, Ricardo Reis, Alberto Caeiro...), está lá a ver? Você e muito nova e é normal que tenha muita vontade e energia para mudar muitas coisas. No entanto, eu já sou um velho raposo pragmático da geração-X e já não gosto de guerras ortográficas.

    ResponderEliminar
  12. mendinho gustoume moito este post sobre Galiza e Xapón... defeito subino a Chuza...non sei se o seleccionaron ou non pero subir subinno. Unha aperta

    ResponderEliminar
  13. Grazas, mas o de que che suban ou non unha noticia ou non, coma no Barrapunto, é tamén unha cuestión de sorte.

    ResponderEliminar
  14. eu son un namorado de ghost in the shell. Tamén estou dacordo coa teoría da enfermidade social, o suicidio non é mais que un síntoma máis (o galego non protesta ... emigra ... non nace ... suicídase. Curiosa evolución :-)

    ResponderEliminar