8 de set. de 2006

Bugs: historia dun bicho

Non, esta postaxe non vai de Miguel Torga. Falta pouco para o aniversario do primeiro bug (erro) informático documentado.

O termo bug (bicho en galego) foi asociado a interferencias electrónicas e erros no funcionamento de aparellos eléctricos desde moito tempo atrás. Parece que foi Thomas Edison un dos primeiros en empregar esta palabra neste sentido, se ben a súa popularización na incipiente informática de meados de século débese a Grace Murray Hooper (9 de setembro, 1945) cando, segundo di a lenda informática, unha avelaíña (inglés: moth) causou un fallo eléctrico na calculadora-computadora Aiken da universidade de Harvard.

Hoxe a maioría de bugs son de software mas o termo aínda persiste. Aínda que tampouco se poden considerar en sentido estrito bugs, os erros máis habitais na net poderían ser estes dous:
  • Familia de erros 400: A páxina non existe ou foi borrada.
  • Familia de erros 500: Aparece cando o server remoto no que está a web está saturado ou non é capaz de encontrar a web que lle pedimos.

7 comentarios:

  1. Canto aprendo con vostede, por fin sei o que significaban eses erros :D

    ResponderEliminar
  2. xo....graciñas eu tampouco tiña idea!

    ResponderEliminar
  3. Pois eu tampouco o sabía. Pensei que iso do erro 500 era a cantidade de veces que metía a pata co ordenador. Xa me parecían a min poucos erros.

    ResponderEliminar
  4. Obrigado, Mendinho por compartir a súa sabedoría connosco.

    ResponderEliminar
  5. Gracias pola túa visita no meu blog.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  6. Felicidades? Non sei que é o que hai que dicir nestes casos... :P

    ResponderEliminar
  7. Supoño que o máis axeitado neste caso sería algo así como acompañamos no sentemento á familia do bicho falecido no 61º cabodano deste terríbel accidente informático.

    ResponderEliminar