11 de set. de 2006

Banca on-line

L'Associazione Bancaria Italiana difende il diritto all'imbroglio. Politbjuro.it

Apesar de que a Galiza continúa na cauda no uso de internet, a banca on-line rexistrou un crecemento espectacular debido á axilidade no trading e á ausencia de moitas comisións da banca presencial.

Os principais bancos españois que operan en liña (IBanesto, Bancopopular-e, Uno-e, e-Bankinter, Patagon e Openbank) tiveron no primeiro semestre deste ano uns beneficios superiores aos 15 millóns de euros, o que supón multiplicar por cinco os resultados do ano pasado. Uno-e, do BBVA, foi a entidade con maiores lucros. Outra das grandes entidades é ING Direct mas ao ser sucursal dun banco neerlandés non presentou os seus resultados xa que non se lle pode aplicar a lei española.

Na Galiza os principais bancos galegos on-line por número de clientes son Caixa Activa (Caixa Galicia) e Oficina Directa (Pastor).

Operar pola net ten moitas vantaxes se tamén se ten perto unha oficina para solventar algunhas xestións. Nalgúns caso, darse de baixa dun servizo (p.ex. cartón de crédito, domiciliacións) pode demorar mais dun mes nalgunhas entidades e para iso aínda é bo ter a man unha oficina na que poder queixarse en persoa.

10 comentarios:

  1. A verdade é que a banca on line é moi práctica pero ainda queda moito por andar.

    En canto ás condicións dos traballadores deste tipo de banca... hai moito que andar tamén.

    Coñezo xente que traballa en ING e en IBanesto e contan historias para non durmir...

    Xa sei que sucede en moitos traballos, pero non pode deixar de sorprenderme que nun mesmo tipo de traballo as condicións do traballador de oficina sexan moitísimo mellores cas do traballador de "cubículo".

    ResponderEliminar
  2. En xeral, moito se podería falar das condicións de traballo en calquera call-centre especialmente dos de reparacións ou dos de perdas de equipaxe.

    Eu apoio a banca on-line, si, mas combinada coa tradicional. Os bancos só on-line, sen sucursais, non me acaban de transmitir moita confianza.

    ResponderEliminar
  3. Cada un conta a feira coma foi nela. Eu tiven a 'sorte' de traballar nun call-center de reparacións (pra distribuidores, non ao grande público) e foi unha das miñas peores experiencias profesionais. As condicións non son boas, pero ben que nos gusta que non nos cobren nada, que todo sexa áxil e eficaz. Todas estas presións van ao mesmo sitio...

    Polo demais eu só traballo coa banca on-line. Polas miñas condicións laborais, sempre de viaxe, non podo perder unha mañá nunha sucursal (nunha cidade pequena é un rato, nunha grande, os tempos alónganse). E de momento estou moderadamente satisfeito. Ben é verdade que o nivel de servizo en segundo que cousas non é tan bon, pero o das sucursais tamén deixa moito que pedir e aínda pra máis é caro e combran por todo (até por ingresar!)...

    apertas

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  5. A min tamén me gusta moito a banca online e creo que son máis áxiles na solución de problemas que na banca tradicional. Na banca da rede son conscientes de que teñen que vencer os reparos psicolóxicos do investidor medio e por iso se esforzan máis. Na banca tradicional cada vez che poñen máis atrancos, que se antes das dez da mañá para pagar recibos, que se non che actualizan a cartilla que para iso tes o caixeiro, que se só abren unha tarde... ainda non descubriron que a súa xornada laboral se solapa coa dos seus clientes?
    Hai un par de meses deixei de realizar unha operación bancaria porque era necesario que fose á oficina, non me podían/querían enviar a documentación á casa, eu perdino pero eles tamén.
    Unha crítica á banca online, o da deslocalización que xa me está fastidiando un pouco.

    ResponderEliminar
  6. Non me gusta nada este tipo de banca, tal vez porque como bo galego son desconfiado en exceso. Tamén me fai falla ver a cara humana diante de min para botarlle a bronca cando teño algún problema con eles. Por teléfono ou por internet non é o mesmo.

    ResponderEliminar
  7. Creo que hai un malentendido. Eu non fafei de call-centers, falei de banca on line. E esta ainda que usa moito esas ferramentas ten departamentos diferentes. Falo dos economistas que se encargan de hipotecas, por exemplo, non dos teleoperadores.

    ResponderEliminar
  8. Eu simplemente agradezo que non falases da Zona Cero...

    ResponderEliminar
  9. pois eu ainda prefiro ás persoas, os escritorios e as filas... bueno, as filas non.

    ResponderEliminar
  10. A entidade con maior numero de operacións on-line no estado español non é unha entidade on-line, é "la Caixa", que asemade é a que mais axencias ten.
    Seica o futuro semella que está na banca multicanle e non só na rede ou na presenza física. O que mellor lle veña ó cliente en cada momento.
    As comisións que os bancos cobran son abusivas ás veces, pero están a cobrar un servizo, tamén é abusivo o que cobran en Zara por unha camiseta que lles custou un par de euros e ninguén lle di nada.
    No do horario, os bancos saben que coincide co horario laboral dos seus clientes, pero para unha conquista sindical que lle queda ó sector (por moito que se incumpla sistemáticamente o horario laboral) non é tan doado que se amplie.
    Evidentemente, traballo no sector. Perdoa, Mendinho, pola extensión.

    ResponderEliminar