31 de ago. de 2006

Un AVE para 100 anos

Futura ponte do Sionlla (perto de Oroso), no treito entre Santiago e A Coruña (in VideaLab, UDC).

Hoxe o convidado da entrevista da mañá na TVG foi o meu antigo profesor Miguel Rodríguez Bugarín, catedrático de Ferrocarrís da Universidade da Coruña.

Basicamente, a crítica subxacente baixo as verbas sempre comedidas e educadas do profesor é que os trazados do AVE estanse a decidir de maneira política e non técnica.

No Xapón adican moitas horas de traballo e investigación en planificación territorial para gañar un minuto de tempo nun trayecto de 100 km. En España calquera que chega a un alto cargo político no que apenas vai estar catro anos elixe a súa solución, moitas veces baseada mais no protagonismo persoal do que en criterios técnicos racionais.

Xa que a liña AVE é unha infraestructura cun grande impacte na economía e que non vai ser modificada no sustancial durante un século, sería conveniente facer as cousas con moito siso e apoiarse sempre na opinión dos que mais saben.

5 comentarios:

  1. A próxima parada do AVE en Lalín é un bo exemplo do que falas. Creo ademais, señor enxeñeiro, que para que un alta velocidade chegue á súa velocidade máis alta necesita un espazo grande de decenas de quilómetros para ser efectivo.

    ResponderEliminar
  2. Creo que muchas veces lo que aleja de las soluciones óptimas son las restricciones de presupuesto, aparte de los caprichos políticos que indicas

    ResponderEliminar
  3. Non o fan so co AVE, fano con tódalas infraestruturas que dependen directamente das administracións. No treito de autovía que se está a executar entre Ribadeo e Barreiros (15 kms.) xa variaron o trazado cando menos en dúas ocasións logo de empezada a obra. Na saída que lle corresponde á Devesa, que é unha zona cha e moi ampla, cadroulles un cabazo no medio e tiveron que desmontalo pedra a pedra para trasladalo 100 mts.
    E non me quero meter en camisas de once varas que desto non entendo nada (e do demáis tampouco).

    ResponderEliminar
  4. moita humildade fai falta para iso e xa se sabe que non é sempre caracteristica dos políticos e gobernantes...

    ResponderEliminar
  5. Quizais unha forma de arranxar esa teima dos políticos sería non votar ós populistas que sacan rendemento de esas decisións non técnicas das que, non sen razón, vos queixades.

    Pero pra iso habería que ter unha democracia máis consolidada e xente moito máis preparada e intelixente

    ¿Non?

    ResponderEliminar