21 de ago. de 2006
+ Matemática, se faz favor
Tabela da relevância da produção científica espanhola in De León&Zuazo . Vejam que física (3ª), engenharia (6ª), matemática (8ª) enquanto que economia e gestão (20ª),estudos sociais (21ª) . Dá que pensar se o dinheiro está a ser bem investido na universidade espanhola, não sim?
A elite mundial das matemáticas teve ontem em Santiago de Compostela uma assembleia prévia ao encontro da União Matemática Internacional (IMU) da terça-feira em Madri. A matemática espanhola através do galego Manuel de León (CSIC) poderia ter um representante na IMU pela primeira vez na história.
O governo galego fez uma proposta á serio ao MEC para a criação de um centro inter-disciplinar em tecnologia computacional e modelização matemática. Hoje em dia as universidades galegas já estão a colaborar na aplicação da matemática industrial com Endesa, Fenosa, Fujitsu, Izar e Caixa Galicia entre outros.
Isto somado ao CESGA e o super-computador Finis Terrae que chegará em 2007 faz que a Galiza tenha hipóteses de criar um cluster de referência na simulação e modelização matemática.
O nível de matemática revela-se no quotidiano. Segum a notícia do diario, a Espanha só produz 198 parelhas de sapatos mas a 15 milhões de euros cada uma (serão para Imelda Marcos). Façam as contas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Jaja, el recorte de periódico es gracioso. Al leer semejante titular he recordado los libros de John Allen Paulos, un divulgador matemático. En particular, su libro "El hombre anumérico" (Tusquets) es una muy amena recopilación de ejemplos sobre cómo la falta de conocimientos matemáticos puede causar serios problemas en la vida cotidiana. Recuerdo que Paulos se pregunta por qué un filólogo o un periodista pueden decir tranquilamente que "a mí las matemáticas no se me dan bien" y no entender qué es un porcentaje, mientras que sería bochornoso que un matemático o un ingeniero reconociesen que "a mí escribir no se me da bien" y destrozasen la ortografía en sus documentos.
ResponderEliminarSegún Paulos, la incultura matemática puede ser fatal para las relaciones sentimentales. Así, el libro incluye un método para la elección de esposo o esposa, basado en teoría de probabilidad.
Otro libro de Paulos, de similar temática y muy a propósito de este post, es "Un matemático lee el periódico", también en Tusquets.
Defender o uso da matemática aplicada é todo un sacerdocio: imprime carácter. A semana pasada escoitei un comentario dun xornalista da SER que falaba da criatividade. O tipo dicía que para facer un programa de radio facía falta moita criatividade (home claro), mas para escribir un programa informático ou para manipular datos non facía falta criatividade algunha. Se Dijkstra estiver vivo dáballe dúas labazadas. Cómo se nota que o tipo non pasou noites en vela porque o p... programa non funcionaba.
ResponderEliminar:)
ResponderEliminarEu son home de letras. Teño pra min que a maior afronta que lle fixen o meu pai foi decirlle que non quería seguir estudando matemáticas porque nin me gustaban nin se me daban ben. De feito, a miña nota de Matemáticas II en selectividade sentoulle peor que si lle dou unha labazada.
ResponderEliminarNoutro comentario deste blog leín algo así como que os mellores e máis dotados rematan estudando Medicina e que habería que facer algo pra que fixeran matemáticas. Alguén respostaba que se podía ser moi bo nunha cousa e moi malo noutra.
Penso igual: Que as matemáticas sexan un misterio pra min non significa que sexa un fracasado e que algún matemático que coñezo pareza ido de cotío non quere dicir que non teña nin vida nin expectativas máis aló dos números.
As veces teño a impresión de que a xente que ten amplios coñecementos de matemáticas ou inxeniería pensa de si mesmo que é en certo modo superior ós que lle rodean. Quizais iso sea o que leva a certa xente, como o locutor da SER, a dicir parvadas, (toda acción motiva unha reacción).
Espero non ofender a ninguén co meu comentario.
Un saúdo