25 de ago. de 2006

A Galiza e o Silicon Valley

Mapa coas actividades do Silicon Valley e arredores, California.

O urbanismo ten unha influencia maior sobre a economía do que sospeitamos mas non sempre o que parece obvio é certo: cidades demasiado ordeadas poden resultar perxudiciais para a criatividade empresarial. Podemos tomar o exemplo californiano do Silicon Valley, a rexión máis productiva do mundo que anteriormente era un deserto, e aplicar estas leccións á Galiza.

Segundo o programador e escritor americano Paul Graham as cidades deberían investir máis na universidade e menos en urbanismo. Un argumento duro, sen dúbida, mais ten o seu ponto de verdade. Básicamente a tese é que o Silicon Valley se formou grazas á personalidade do lugar e ás grandes universidades (Stanford e Univ. de California) que souberan atraír a un tipo de traballador altamente criativo: o nerd.

Xa Guy Kawasaki advertía de que cidades demasiado lindas son ideais para os turistas mas non para os emprendedores (o que en palabras de miña avoa podería resumirse en: isto é bo só para os turistas!). O mesmo autor advirte de que a maioría de start-ups son ideas de enxeñeiros e de científicos, non de MBAs, e que deberíamos centrarnos máis en fomentar unha educación tecnolóxica do que escolas de negocios.

6 comentarios:

  1. Cada vez me resulta máis interesante o seu blog, aprendo.

    ResponderEliminar
  2. Subscribo o dito polo compañeiro. Acabo de coñecelo por un comentario que deixaches no meu e debo salientar o acertado do comentario.

    Eu que traballo a cabalo entre as tecnoloxías e a universidade debo concederte toda a razón. É moi difícil que o empresariado galego valore os intanxibles, as redes sociais e, especialmente, a formación e a universidade.

    Pode que a universidade española esté enferma de morte polo seu sistema de castas privilexiadas e a súa pouca influenza social. Non obstante, entoado o mea culpa, este é un país onde non é que se ignore a cultura a educación senón que se despreza e se odia (explicábao moi ben Houllebecq nunha cita, mágoa que non a teño aquí).

    Como mostra o feito de que sexa un dos paises de toda a UE onde menos se inviste en educación e que a terceira profesión peor valorada é a de mestre só por detras de militares e xornalistas. Aquí o valorado son os avogados e os médicos, e os empresarios que triunfan os da hostelería e da construcción. Isto é, diñeiro rápido e bens tanxibles con investimentos a curto prazo. O coñecemento é desprezado e visto coma algo non práctico. Pouco futuro nos espera.

    Tamén, por seguir a facerte a pelota, alégrome que unha persoa do teu perfil se anime a facer un blog falando de temas coma urbanismo, ciencia, economía e te saias dos típicos diarios persoais e plataformas políticas que acaban todas por dicir o mesmo. Grazas e segue así.

    ResponderEliminar
  3. No soy técnico (ni soy gallego), aunque me parece interesante leerte; se aprende, es verdad.

    Saludos desde Sevilla

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas a todos polas louvanzas mas tamén agradezo as críticas. A idea principal deste breve post era dicer que en áreas aparente moi desfavorábeis se pode ter unha actividade empresarial potente. Refiro aquí un chiste que ven ao conto e que me contaran hai tempo:

    Deus fixo o mundo e cando decidiu repartilo estaba todo enfadado. Neste país (apontando para o Xapón) haberá terramotos e monzóns. Nestes outros países (apontado para Escandinávia) haberá xeada todo o ano, os días serán curtos e non se dará nin un toxo. Neste outro (apontando para a Australia) metade será deserto. Neste outro (apontando para Brasil) haberá ouro e prata, petróleo e gas, toda clase de comida, diamantes ...

    Entón un anxo interrompeuno e díxolle a Deus que iso non era xusto, que o Brasil sería o máis afortunado lugar do mundo, ao que Deus respostou: "iso é porque non sabes qué clase de xente que vou poñer alí".


    Dá que pensar que o mellor chocolate do mundo sexa suízo, cando a Suíza non produce cacao, e a Italia sexa famosa polo capuccino cando os italinos tampouco producen café.

    ResponderEliminar
  5. Suscribo o dito, gústame moito o teu blog. Estou completamente de acordo co que dis, anque este pensamento sexa tan só compartido por unha pequena minoría.
    Eu vivín en diferentes países. Especialiceime fora nun tipo de estudios que aquí empeza a ser coñecido fora e ¿sabes? creo que terei que voltar a marchar porque aquí non se me valora (incluso me chegaron a decir se pensaba que por ter cursos e másters feitos fora pensaba que era mellor que o resto... e que eles preferían xente máis "normal". ¿Son anormal? ¿Son subnormal? ¿paranormal?)

    Unha nota: o capuccino non é orixinario de Italia, é de Austria. Lugar no que despois de descubrir o café a alguén se lle ocurriu mezclalo con leite e lle puxo ese nome debido a que a cor era a mesma que a do hábito dos moxes capuchinos...

    ResponderEliminar
  6. Súmome ás louvanzas polo blog

    Un saúdo.

    ResponderEliminar