Deseño de Pánchez in Aduaneiros sem fronteiras.
En Portugal hai case 1.000 efectivos para facer fronte a 17 incendios nun territorio de 97.000 km2. Na Galiza 4.700 bombeiros (5 veces máis) para máis de 100 incendios (6 veces máis) e un territorio de 27.000 km2 (máis de 3 veces menos). A proporción de efectivos é aproximadamente a mesma, mas a dotación por km2 é máis de 15 veces maior na Galiza. Para causas poden valer a apontadas no post de abaixo Arde Galiza.
Todo se pode mellorar mas os meios que temos nunca serán suficientes ante quen nunca respeita a nosa paisaxe, a xente e o noso País. Todos os esforzos son necesarios. Moitas grazas pola axuda de Portugal e doutras comunidades do Estado Español (especialmente das Astúrias) nas labouras de extinción.
Pódense consultar os dados oficiais da evolución do lume na Consellería do Meio Rural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario